Idiomas
español   galego
Búsqueda

CONVIVENCIA PROXECTO ERASMUS+ “Innovation starts with action” STEAM

26 ESTUDANTES E 20 PROFESORAS E PROFESORES DE CINCO PAÍSES CONVIVIRON CO ALUMNADO DO COLEXIO ALCA DENTRO DO PROGRAMA INNOVATION STARTS WITH ACTION

[19-04-2018] Entre o 9 e o 15 de abril, a comunidade educativa do Colexio Alca conviviu con 26 alumnas e alumnos e 20 profesoras e profesores, dos cinco centros de ensino asociados ao colexio dentro do proxecto Erasmus+ “Innovation starts with action” STEAM (Science, Technology, Engineering, Art, Mathematics). A recepción de benvida do alumnado internacional produciuse na Casa da Cultura do Milladoiro, coa presenza do alcalde de Ames, José Miñones; da concelleira de Promoción Económica, Turismo e Atención Veciñal, Isabel González; do concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil; e do concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Javier García. A iniciativa Erasmus ten como obxectivo fomentar entre o alumnado participante habilidades científicas mediante unha aprendizaxe de carácter multidisciplinar.


O colexio Alca vén participando desde o ano 2016 no proxecto educativo, encadrado dentro do programa da Unión Europea Erasmus+, “Innovation starts with action”. A través deste programa, a comunidade educativa do Colexio Alca conviviu, entre o 9 e o 15 de abril, con 26 estudantes e 20 mestras e mestres dos cinco centros asociados nesta iniciativa. Os centros proviñan de Turquía, Italia, Reino Unido, Macedonia e Romanía. 
O acto de recibimento do alumnado internacional tivo lugar o día 9 na Casa da Cultura do Milladoiro. 

O acto contou coa participación do alcalde de Ames, José Miñones; da concelleira de Promoción Económica, Turismo e Atención Veciñal, Isabel González; do concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil; e do concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Javier García. O recibimento tamén contou coa actuación do coro e do grupo de ballet do colexio, así como coas intervencións do director do centro, Fausto Varela Durán, e do catedrático da Universidade de Santiago, Ángel Carracedo. 

Durante os días de convivencia, o alumnado e o profesorado dos diferentes centros compartiron coñecementos e metodoloxías das materias STEAM, é dicir, de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, artes e matemáticas. Deste xeito, o alumnado realizou actividades de creación de apps, robótica, construción de obxectos e sistemas con aplicacións prácticas. Así mesmo, ao longo da semana, tamén se levaron a cabo experimentos químicos e creáronse tours virtuais por Santiago de Compostela e os seus museos, co manexo de tecnoloxías 3D, realidade aumentada e códigos QR. 

Desde o Colexio Alca valoran o proxecto como unha iniciativa moi gratificante para o alumnado, que puido compartir os seus coñecementos con mozas e mozos doutros países, practicando o inglés, deseñando conxuntamente proxectos científicos e compartindo xogos, inquedanzas e tradicións. 

 

© Concello de Ames

Contacto
Biduído de Arriba, 36
15895 Ames (A Coruña)
Teléfonos:
981 531 103
606 741 918
608 274 750